top of page

     ​A nova Xunta Directiva da ANPA do IESP de Bertamiráns preséntase de xeito oficial a toda a comunidade educativa, e á sociedade en xeral. Somos un grupo de nais e pais que vén de recoller a ilusión de moitas familias e profesionais vinculadas ó ensino.  Somos en primeiro lugar, e antes que nada, iso: Nais e Pais.

     Chegamos para sumar forzas, para mellorar prácticas, para reforzar o que funciona, e cuestionar o que non. Vimos para escoitar, e para que nos escoiten. Paseniño pero sen dar un só paso atrás. A excelencia educativa importa, a perspectiva de xénero debera ser transversal e prioritaria. A igualdade de oportunidades no ensino é irrenunciable, a solidariedade no centro non se debe nin cuestionar, así como a convivencia en valores. As prácticas culturais están para dar solucións creativas e inclusivas, todos os días do ano. A eficiencia na xestión e a transparencia nos procesos é imprescindible, a participación de toda a comunidade educativa é esencial.

     En definitiva, estamos para imaxinar o mellor ensino público que sexamos quen de construir entre todas. Somos:

 

Presidente: Héctor Rodríguez

Vicepresidenta: Lola Mouriz

Secretario: Pedro de Santiago

Tesoureira: Anxela Santos

Vogal de Cultura e Normalización Lingüística: Xacobe Martínez Antelo

Vogal de Participación e Igualdade: Pilar Candocia

Vogal de Participación Democrática : Tino Freire

Vogal de Calidade no Ensino: Rosa García

    Pero esta Xunta Directiva non pode facer nada se as verdadeiras protagonistas non dan un paso ó frente. Cómo? 

  • Precisamos que as familias que non están asociadas, den un paso ó frente e se asocien.

  • Precisamos que os nenos e nenas den un paso ó frente e comuniquen as súas protestas ou inquedanzas.

  • Precisamos que as nais e os pais den un paso ó frente e visibilicen os problemas que hai no centro.

  • Precisamos que o profesorado dé un paso ó frente e apunte as carencias e as posibilidades de mellora.

      Animamos a toda a comunidade educativa a ser protagonista na transformación do IESP de Ames.Estudantes, familias, corpo lectivo, profesionais do centro... estamos á vosa disposición no IESP os luns de 17:00 a 18:30, e os xoves de 12:00 a 13:00, e sempre nesta mesma dirección mail.

 

 

A Xunta Directiva.

bottom of page