top of page

​

(A Xunta Directiva da Anpa do IESP de Ames acordou na súa reunión do día 31/01/ 2018 facer público o seguinte comunicado)

 

  Esta Xunta directiva decidiu asumir o compromiso de anteriores edicións e financiar os premios do concurso de disfraces do Entroido, en aras de non frustrar as ilusións dos alumnos e alumnas participantes. Para nós, sempre, os rapaces e rapazas son o máis importante. A pesar do pouquísimo tempo de reacción, mesmo matizamos en positivo e melloramos cualitativa e cuantitativamente estes Premios do Entroido. Pero queremos manifestar que non compartimos as condicións impostas polo centro para esa participación.

​

  Non compartimos que sesenta (60) alumnos do centro (información facilitada por Dirección) teñan prohibido participar da festa do Entroido por ter partes por razóns variopintas sen modulación alguna. De feito, temos constancia de que un número moi considerable de pais, nais, mestres e estudantado, descoñecen a tipicación das faltas, a política de castigos, e a falta de rigor pedagóxico con que se aplican estes “partes”. Sabemos todas que hai nenos e nenas con partes por, por exemplo: tirar un papel na clase, ós que se lle prohíbe asisitir a un concerto didáctico, a unha charla sobre prevención de violencia de xénero, á presentación dun libro, ou a unha actividade extra-académica continuada no tempo? Se hai algún criterio pedagóxico ou disciplinario nestas prácticas, esta Xunta Directiva da ANPA, non o comparte. E xa estamos tomando cartas no asunto. É un problema de recursos? de cantidade de profesorado? de espazo no Centro? estamos ante un estudantado especialmente conflictivo e violento? Surten efecto estas normas? Cal é o motivo para medidas así? Temos dereito a saber, e ímolo saber.

 

   Pero seguindo co Entroido. Queremos deixar constancia de que non compartimos que os alumnos e alumnas que se queiran disfrazar ese día teñan que ter rexistrado semanas antes cal vai ser o seu disfraz, e sen posibilidades de cambio, que non se poidan utilizar máscaras, que se lles permita maquillarse, pero sempre sendo recoñecibles, ou que non se lles permita ir disfrazados de casa… Resultado: non hai participantes individuais este ano. Lóxico. Parecen máis as medidas dun centro penitenciario, que dun Centro de Secundaria. O espíritu do Entroido este ano pasou de largo outra vez. Outro ano máis.

​

   Nembargantes, e a pesar do pouco tempo de reacción, esta Xunta Directiva levou algunha que outra  proposta para este Entroido:

​

  • Levantamento da sanción por parte para a festa do Entroido. Rexeitada.

  • Escoller como membro do xurado en representación da Anpa a algún d@s profesionais galeg@s das artes escénicas alleos ao centro, para garantir a imparcialidade e a calidade profesional das súas valoracións e/ou consellos. Rexeitada por ser alguén “externo ao centro”.

  • Ante a negativa anterior, escoller como membro do xurado en representación da Anpa a un d@s profesionais galeg@s das artes escénicas vinculados ao centro, Pepo Suevos, para garantir a calidade profesional das súas valoracións e/ou consellos e confiar na súa imparcialidade a pesares da cercanía aos concursantes. Aceptada.

  • Aportar unha pequena actuación de Circo ou Música. Algo breve, pero que simbolizara ante o estudantado un acto de celebración dunha xornada especial. Rexeitada.

​​

  A nosa impresión? Pois que á Dirección do IESP pouco lles importa o aporte pedagóxico que as actividades lúdico-culturais lles poidan sumar ó estudantado de Secundaria, e que as consecuencias dunha mala política disciplinaria, págana o estudantado. Un Entroido ben triste.

 

   A pesar de todo, finalmente, a  relación de premios queda:

​

  • Nas Categorias Individuais quedan desertos por non existir participantes.

  • Na Categoría de Comparsas, os Premios serán:

​​

1ºs Excursión dun día a escoller entre diferentes posibilidades (Poderíase complementar dita actividade cunha Comida ou Merenda dependendo do custe final da viaxe) A Anpa ofertará 3 destinos, e será a comparsa gañadora a que escolla.

2ºs 60 Euros para gastar na cafetería do IESP + saida á sala Numax Santiago, para unha sesión de cine privada.

3ºs 40 Euros para gastar na cafeteria + saida á sala Numax Santiago, para unha sesión de cine privada.

 

A Xunta Directiva da Anpa

O ENTROIDO NO IESP DE AMES

bottom of page