O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da Comunidade Escolar. As nais e país contan con tres representantes no Consello Escolar, un deles escollido sola ANPA.
​
COMPETENCIAS DAS ASOCIACIÓNS DE ALUMNOS E ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS
(Decreto 324/1996 Titulo VII, Artigo 120)
1.- Nos Institutos de Educación Secundaria podrán existir, de acordo coa lexislación vixente, as Asociacións de Nais e Pais de Alumn@s e as Asociacións de Alumnado.
2.-Estas asociacións poderán:
a)Elevar propostas ao Consello Escolar para a elaboración do Proxecto Educativo e ao Equipo Directivo para a elaboración da Programación Xeral Anual.
​
b)Informar ao Conselho Escolar daqueles aspectos da marcha do instituto que consideren oportuno.
​
c)Informar aos asociad@s da súa actividade.
​
d)Recibir información, a través dos seus representantes no Consello Escolar, sobre os temas tratados nel.
​
e)Elaborar informes para o Consello Escolar por iniciativa propia ou por petición deste.
​
f)Elaborar propostas de modificación das Normas de Organización e Funcionamento (NOF)
​
g)Formular propostas ao profesorado para a realización de actividades complementarias que, unha vez aceptadas, deberán figurar na Programación Xeral Anual.
​
h)Coñecer os resultados académicos referidos ao centro e a valoración que deles realice o Consello Escolar.
​
i)Recibir un exemplar da Programación Xeral Anual, do Proxecto Educativo, dos Proxectos Curriculares de Etapa e das súas modificacións.
​
j)Recibir información sobre os libros de texto e os materias didácticos adoptados polo centro.
​
k)Fomentar a colaboración entre todos os membros da Comunidade Educativa.
​
l)Facer uso das instalacións do centro nos termos que estableza o Consello Escolar e a lexislación vixente.